Actualizada el 14/05/2006.
|
Más... |
|
Opciones para la página |
 |
|
 |
Tamaño de letra |
|
|
|
|
|
|
|
|
| Acerca de
esta página |
Elaborada por
médicos y enfermeras con revisión posterior por colegas.
La información contenida en este folleto está basada en fuentes fiables.
Conflicto de intereses: Ninguno
declarado.
|
|
Metodología de elaboración |
 |
|
|
|
A pílula anticonceptiva combinada |
| |
| É un método reversíbel e moi seguro que
contén hormonas similares ás que se producen nos ovarios:
estróxenos e proxestáxenos. A súa seguridade baséase no
seu mecanismo de acción: suprime a ovulación.
Hai moitas e distintas no mercado, dependendo da dose de
estróxeno e a dose e tipo de proxestáxeno que leven. |
| |
| Normas de uso: |
- Principiar coa primeira pílula o día primeiro día da
regra.
- Convén tomala sempre no mesmo momento do día.
- Tómase unha diaria durante 21 días, e logo descánsase
7
días, total 28 días en cada ciclo.
- Nos días de descanso presentarase un sangrado que
simula á menstruación.
- Comézase un novo envase ao día seguinte da pausa,
aínda que non rematase o sangrado.
- Cos preparados que teñen 21 comprimidos activos e 7 de
placebo (sen hormonas), a toma é continua, sen paradas
entre ciclo e ciclo. O sangrado coincide ca toma dos
comprimidos placebo.
|
| |
|
Situacións especiais |
|
Situacións |
Risco de embarazo |
Actuación |
| Esquecer unha pílula activa. |
Non |
Cómpre tomala antes das 24 horas de
atraso, e seguir coas seguintes como acotío. De todos os
xeitos, por esquecer unha soa pílula non hai risco de
embarazo. |
| Esquecer dúas ou máis pílulas activas. |
Sí |
Desbótanse as non tomadas, continuando
como sempre coas restantes e usarase preservativo os 7
días seguintes. |
| Trousos (vómitos) antes de ter pasado
1h. dende a toma. |
Sí |
Tomar outro comprimido dun envase novo
cando pase o malestar, coidando de respectar o prazo de
24 horas. |
| Trousos e/ou diarreas severas (máis de
24 horas). |
Sí |
Suspender a pílula deica ó remate dos
trousos ou diarreas. Usar condón. Para reiniciar a toma,
facer como si se comezase por primeira vez. |
| Toma de medicamentos: anti-convulsionantes, herba de San Xoán. |
Sí |
Informarse, pois estes medicamentos
poden diminuír a eficacia da pílula anticonceptiva. |
|
|
|
|
|
| Para obtener más información: |
 |
Consulte las páginas web:
|
 |
Contacte con las asociaciones:
|
|
|
| |
Autores:
Amelia Mosquera Barreiro
(Matrona)
Pilar Barral Rios
(Enfermera)
Xosé Anxo Vidal Pan
(Médico Ginecólogo)
Centro de Orientación Familiar -
COF, Municipal-Sergas, de A Coruña (España). |
|