Actualizada el 14/05/2006.
|
Más... |
|
Opciones para la página |
 |
|
 |
Tamaño de letra |
|
|
|
|
|
|
|
|
| Acerca de
esta página |
Elaborada por
médicos y enfermeras con revisión posterior por colegas.
La información contenida en este folleto está basada en fuentes fiables.
Conflicto de intereses: Ninguno
declarado.
|
|
Metodología de elaboración |
 |
|
|
|
A pílula anticonceptiva de proxestáxeno
soio |
| |
| É un método reversíbel, seguro para a saúde
e moi eficaz, composto por unha soia hormona similar á
proxesterona ovárica (proxestáxeno). Tamén é coñecida como
“a mini-pílula”. A súa eficacia baséase en que suprime a
ovulación e espesa o tapón de moco do colo do útero. |
| |
| Normas de uso: |
- Princípiase o día primeiro da regra, cunha pílula, do
mesmo día da semana que sexa. Así son eficaces dende a
primeira.
- Escoller o mesmo momento do día para tomala, por mor
de garantir o cumplimento.
- Tómase unha tódolos días, e ó rematar o envase,
empálmase con outro novo sen descansar, e así sempre.
|
| Comentario: Mudanzas do patrón de
sangrado |
| Ó tomalas sen interrupcións, non se provoca
unha regra artificial periódica. Os sangrados con este
tratamento, case sempre escasos, poden ser mensuais, poden
non ter ritmo, ou mesmo non producirse, tanto ten. Iste
“patrón” de sangrados varía dunha muller a outra, por iso
compre probar varios meses para coñecelo en cada caso, e así
avaliar se resulta cómodo ou non. Adoitan ser máis
irregulares nos primeiros meses, para estabilizarse despois. |
| |
|
Situacións especiais |
|
Situacións |
Risco de Fallo |
Actuación |
| Retraso de menos de 12 h. na toma dunha
pílula. |
Non |
Tomala antes das 12 h. de atraso e
continuar coas seguintes coma sempre. |
| Retraso de máis de 12 h. na toma dunha
pílula. |
Sí |
Tomala ó decatarse do atraso, continuar
coas seguintes coma sempre, e usar outro anticonceptivo
de reforzo os 7 días seguintes. |
| Trousos (vómitos) antes de ter pasado
1h. dende a toma. |
Sí |
Tomar unha pílula doutro envase cando
pase o malestar, e sen esgotar as 12 h. de marxe para un
atraso. |
| Trousos e/ou diarreas severas (máis de
24 horas). |
Sí |
Suspender as pílulas deica ó remate do
transtorno gastro-intestinal. Usar preservativos.
Re-iniciar a toma usando condón os 7 primeiros días. |
| Toma de medicamentos:
anticonvulsionantes, herba de San Xoán. |
Sí |
Informar a teu médico, pois podería
haber diminución da eficacia anticonceptiva. |
| Toma de medicamentos: antibióticos,
anti-inflamatorios, analxésicos (calmantes), etc. |
Non |
Continuar coas pílulas coma sempre. |
|
| |
|
|
| Para obtener más información: |
 |
Consulte las páginas web:
|
 |
Contacte con las asociaciones:
|
|
|
| |
Autores:
Amelia Mosquera Barreiro
(Matrona)
Pilar Barral Rios
(Enfermera)
Xosé Anxo Vidal Pan
(Médico Ginecólogo)
Centro de Orientación Familiar -
COF, Municipal-Sergas, de A Coruña (España). |
|