Actualizada el 14/05/2006.
|
Más... |
|
Opciones para la página |
 |
|
 |
Tamaño de letra |
|
|
|
|
|
|
|
|
| Acerca de
esta página |
Elaborada por
médicos y enfermeras con revisión posterior por colegas.
La información contenida en este folleto está basada en fuentes fiables.
Conflicto de intereses: Ninguno
declarado.
|
|
Metodología de elaboración |
 |
|
|
|
Anticonceptivo inxectábel trimestral de proxestáxeno soio |
| |
| É un método reversíbel, seguro para a saúde
e moi eficaz, composto por unha soia hormona similar á
proxesterona natural que producen os ovarios (proxestáxeno).
A súa eficacia baséase na supresión da ovulación e no
espesamento do tapón de moco do colo do útero. |
| |
| Normas de uso: |
- A primeira dose:
- As seguintes doses: ós 90 días da anterior, cunha
marxe de seguridade de 15 días de atraso.
|
| Mudanzas do patrón de sangrado. |
| A acción continuada (sen descansos) non
provoca unha regra artificial periódica. Os sangrados con
este tratamento, case sempre escasos, poden ser mensuais,
poden non ter ritmo, ou mesmo non producirse, tanto ten.
Iste “patrón” de sangrados varía dunha muller a outra, por
iso cómpre probar varios meses para coñecelo en cada caso, e
así avaliar se resulta cómodo ou non. Adoitan ser máis
irregulares nos primeiros mese, para estabilizarse despois,
con tendencia a non sangrar ou facelo de cando en vez. |
| |
| Fertilidade posterior ó
tratamento (reversibilidade). |
| A maioría das usuarias recuperarán a
fertilidade (ovulación) previa ó cabo dos tres meses de
efecto da última dose, de xeito imnediato. Haberá unha
minoría que tarde algún mes máis en ovular, porque a
inxección faille efecto por máis de tres meses, depende de
cada muller e do tempo de uso; pero malia o atraso,
recuperarán por completo a fertilidade previa. |
| |
|
Situacións especiais |
|
Situacións |
Risco de Fallo |
Actuación |
| Retraso na primeira dose: despois do 5º
día do ciclo |
Sí |
Consultar no Centro. |
| Retraso nalgunha das seguintes: máis de
15 días. |
Sí |
Consultar no Centro. |
| Toma de medicamentos. |
Non |
--- |
|
|
|
|
|
| Para obtener más información: |
 |
Consulte las páginas web:
|
 |
Contacte con las asociaciones:
|
|
|
| |
Autores:
Amelia Mosquera Barreiro
(Matrona)
Pilar Barral Rios
(Enfermera)
Xosé Anxo Vidal Pan
(Médico Ginecólogo)
Centro de Orientación Familiar -
COF, Municipal-Sergas, de A Coruña (España). |
|